parallax background

CENTENARIO

1923 - 2023

100 anos de Afouteza e Corazón

CentenarioRC Celta

1923, o ano en que dous equipos e dúas afeccións deciden unirse para crear algo moito máis grande: o Real Club Celta de Vigo. 2023, o ano do noso Centenario. E o ano no que o celtismo vístese de gala para celebrar os 100 anos de alegrías, penas, lendas, retos, vitorias, unión, éxitos, desesperación, esperanza… E en definitiva, de vida do RC Celta.

2023, un ano para lembrar

Unha programación única e diferente, á altura dos 100 primeiros anos de historia do RC Celta. Homenaxearemos a todas as persoas que apostaron pola creación do club, ós xogadores que fixeron historia vestindo a camiseta celeste, á afección que acompañou ao club de maneira incansable. Lembraremos os momentos históricos, as xestas, as alegrías… Poñeremos en valor nosa aposta pola canteira e o prometedor futuro que temos por diante.

Unha conmemoración que nace da afección e da nosa masa social. Escoitamos as vosas propostas, as vosas inquedanzas para desenvolver esta celebración. A afección e a cidadanía son os protagonistas deste Centenario.

Unha celebración para Vigo, para Galicia e para todos os seguidores que apoian ao equipo desde calquera lugar do mundo e a todos os que formaron parte deste gran proxecto desde os seus inicios ata o día de hoxe. Unha celebración única que só sucederá unha vez na vida, e que levará como lema a propia esencia e identidade do club: Afouteza, corazón, orgullo e tradición.

Unha programación de actos que se desenvolverá ao longo de 2023 e parte de 2024.

  • 1923
  • 1928
  • 1936
  • 1939
  • 1945
  • 1948
  • 1950
  • 1966
  • 1971
  • 1976
  • 1982
  • 1988
  • 1994
  • 1994
  • 2000
  • 2001
  • 2004
  • 2012
  • 2013
  • 2017

Novas do Centenario

22 Novembro 2022

XOSÉ VIZOSO, A LENDA RESPONSABLE DO CARTEL DO CENTENARIO

O RC Celta está a piques de comezar un momento único que será lembrado ao longo da historia do Club: o seu centenario. Por iso, e […]
21 Novembro 2022

O RC CELTA PRESENTA O SEU CENTENARIO NUN EMOTIVO ACTO PROTAGONIZADO POLO CELTISMO

O RC Celta presentou esta tarde o Centenario do club nun emotivo acto celebrado no Salón Rexio de A Sede baixo a batuta do actor, e […]

CentenarioAxenda

AXENDA

PATROCINADORES